» » » » Arousa Norte recibiu un volumen de 1.271 consulta turísticas durante a pasada Semana Santa

Arousa Norte recibiu un volumen de 1.271 consulta turísticas durante a pasada Semana Santa

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

O presidente da Mancomunidade Arousa Norte e alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, presentou hoxe os datos de consultas recollidas nas catro Oficinas de Turismo dos concellos que integran Arousa Norte e que amosan un volume de 1.271 consultas atendidas desde o venres, 7 de abril ata o domingo, 16 do mesmo mes. “Trátase dun dato do que estamos satisfeitos, xa que supón un incremento medio con respecto ao ano 2016 de arredor do 35%”, destacou Adolfo Muíños na rolda de prensa celebrada esta mañá á que tamén asistiu a xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo.

Arousa NorteO presidente da Mancomunidade subliñou que outros “dos aspectos que nos parece salientable é o feito de que apenas existen diferenzas entre o número de visitantes que simplemente estivo de paso e aqueles que optaron por pernoctar na zona. En torno ao 49% pasou algunha noite nalgún dos catro concellos, mentres que o 51% estivo de paso algún deses días”.

Segundo a procedencia das persoas que realizaron as consultas nas oficinas de información turística, Adolfo Muíños destacou que viñan sobre todo “do resto do territorio de Galicia e unha boa parte do norte da Península, concretamente, de Castela León e País Vasco, seguidos de Madrid”.

Finalmente, o presidente de Arousa Norte subliñou que as cuestións polas que preguntaban eran en primeiro lugar, rutas de sendeirismo e bicicleta; rutas náuticas, festas e actividades e aloxamentos e restaurantes.

Pola súa banda, Maruxa Ledo engadiu que desde a Arousa Norte se está a traballar na elaboración dun sistema homoxeneizado na recollida de datos por parte das oficinas de turismo de Arousa Norte e noutro dirixido aos establecementos hostaleiros da zona, de cara a analizar os índices de ocupación e as visitas gastronómicas.

Ademais, salientou que “na Mancomunidade xa tiñamos detectado o interese que esperta o contorno natural e a oferta náutica desta comarca entre os visitantes e por iso, estamos tamén elaborando uns folletos de rutas naturais e náuticas que agardamos presentar antes deste verán”.

Dejar un comentario