» » » » AROUSA NORTE REALIZA A V EDICIÓN DA RUTA DE TAPAS “+QUE TAPAS”

AROUSA NORTE REALIZA A V EDICIÓN DA RUTA DE TAPAS “+QUE TAPAS”

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte vén de presentar no Concello de Boiro a V edición da ruta de tapas “Arousa Norte + que tapas”. Un evento gastronómico no que participan establecementos hostaleiros dos concellos de Ribeira, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo.

Nesta V edición incorpóranse moitas novidades.

Tendo en conta as suxerencias dos establecementos participantes en edicións anteriores, este ano farase a ruta unha fin de semana en cada concello, comezando en Boiro, continuando en Rianxo, pasando por A Pobra do Caramiñal e concluíndo en Riveira.

En canto aos premios para os establecementos participantes a dinámica é a mesma que en edicións anteriores, é dicir, o voto do público é o que elixe a tapa gañadora, e  neste caso serán elixidos 4 establecementos (1 en cada concello). Premiarase aos  establecementos  gañadores coa asistencia ao Showcooking do Festival da Luz 2020 (Boimorto) para elaborar e mostrar as tapas gañadoras ante o público do festival.

O público da ruta pode participar nun sorteo de 4 bonos gastronómicos e un concerto exclusivo que terá lugar antes de que finalice este ano 2019.

Nesta edición os bodegueiros dos “Viños da Terra de Barbanza e Iria” (Antonio Saborido e Francisco Crussat) colaboran coa ruta propoñendo maridar as tapas, que estarán elaboradas a base de produto local, cos seus viños que armonizan á perfección co peixe e sabores iodados dos mariscos. Os establecementos participantes terán os viños para todos aqueles que queiran saborear estes caldos de renome.

O prezo da tapa é de 2,50 euros e os bares participantes de Boiro son:

Puzzle, Ginlab, Casa Magán, Al Atlántica, A Batea de Juan, Kir´s, Barbantia, Tres Catorce e Puerto Victoria.

Esta fin de semana as tapas poden degustarse o venres en horario de 20.00 h a 23.00 h, e o sábado e domingo en horario de 12.00h a 14.30 h.

Esta fin de semana a ruta de tapas inicia en Boiro ás 20.00 h e conta ca presenza do prestixioso sumiller Juan Figueroa Treus, orixinal de Escarabote e residente en Vigo que aconsellará aos clientes dos establecementos qué viño tomar con cada tapa.

Tamén o humorista Quico Cadaval acompañará o roteiro contando os mellores  contos de bares nos establecementos participantes.

Para a apertura da ruta o venres 8  os clientes da ruta terán a oportunidade de gañar unha entrada para o concerto de Wyoming y Los Insolventes que terá lugar o mesmo venres a partir das 23.00h na sala A Pousada da Galiza Imaxinaria.

En cada concello haberá diferentes actividades que dinamizarán a ruta e das que daremos conta cada semana previa ao comezo da ruta en cada concello.

cartel máis que tapas 2019

tapas05

Asistiron á presentación: José Ramón Romero,  presidente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte; Ramón do Val, concelleiro delegado de relacións institucionais, turismo, promoción e dinamización económica do Concello de Ribeira; Adolfo Muíños, alcalde do Concello de Rianxo; Suso Santamaria, xerente da Pousada da Galicia Imaxinaria;  Antonio Saborido e Francisco Crussat, bodegueiros dos viños da “Terra de Barbanza e Iria” e representantes da Fiestra Audiovisual.