» » » » Arousa Norte promove o certame +Q Tapas na feira Intur de Valladolid

Arousa Norte promove o certame +Q Tapas na feira Intur de Valladolid

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

+Q Tapas_2017

Arousa Norte participará a vindeira semana na Feira Intur de Valladolid que se celebra do 23 ao 26 deste mes e presentará alí o certame gastronómico +Q Tapas como parte da oferta turística desta comarca capaz de atraer visitantes do interior. O presidente da Mancomunidade e alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, destacou esta mañá na rolda de prensa de presentación do evento que “+Q Tapas está a consolidarse coma unha cita asidua en Arousa Norte e a isto engadimos a potente oferta cultural que promovemos desde os catro concellos”.

Pola súa banda, a xerente da Mancomunidade, Maruxa Ledo, explicou os detalles do concurso gastronómico destacando que “as persoas que se acheguen a estes locais durante as vindeiras fins de semana, sexan a medio día ou polas tardes, poderán votar a tapa máis saborosa, innovadora, sorprendente e mellor elaborada participando ao mesmo tempo no sorteo de dous bonos turísticos de Arousa Norte para que veñan e continúen coñecéndonos”.

Ademais, un xurado profesional valorará tamén as tapas e concederá tres premios nas categorías de primeiro, segundo e terceiro premio, dotados respectivamente con 500 euros, 300 euros e 200 euros. O establecemento coa tapa mellor valorada polo xurado popular recibirá un bono de  100 euros para mercar no comercio local de Arousa Norte. Finalmente, sorteraranse dous bonos turísticos culturais entre todas as persoas que participen e deixen as súas valoracións nas urnas instaladas en cada local.

cartel_+QTapas_2017

 

 

 

 

Dejar un comentario