» » » » Arousa Norte promociónase na World Travel Market

Arousa Norte promociónase na World Travel Market

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

 

Arousa NorteBoiro, 7 de novembro de 2017.- A xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo, está a participar estes días en Londres na World Travel Market que se desenvolve desde este luns, 6 de novembro, ata mañá mércores 8. Durante as xornadas de traballo, Maruxa Ledo está a manter encontros con turoperadores, medios e axentes especializados en turismo. A World Travel Market conta este ano con 5.000 expositores e unha previsión de 50.000 visitantes.

A xerente de Arousa Norte reuniuse con empresas turísticas e turoperadores como Camping and Caravaning Club, Expedia, RWH Travel, Inntravel, World Walks, Ace Cultural Tours, Travel Pack, Explore! Cycling, Inghams, Cox and Kings e Regaldive, entre outras.

Maruxa Ledo constatou “o interese que experta entre estes profesionais o atractivo natural de Arousa Norte e destacou que preguntan pola práctica de deportes ao aire libre, as rutas que se poden facer a pe ou en bicicleta, e tamén a oferta de turismo náutico que temos na zona”. Neste sentido, a xerente de Arousa Norte salientou que se está a traballar no deseño e concreción dun sendeiro que percorrerá o litoral de Arousa Norte, pasando polos catro concellos e destacou tamén “a idoneidade da Ría de Arousa para a práctica de deportes náuticos, algúns deles, durante todo o ano”, xunto coa ruta da traslatio que rememora a chegada a Galicia dos restos do Apóstol Santiago.

 

Dejar un comentario