» » » » AROUSA NORTE PROMOCIONA OS CINCO PORTOS NÁUTICOS NO SALÓN GRAND PAVOIS DE LA ROCHELLE

AROUSA NORTE PROMOCIONA OS CINCO PORTOS NÁUTICOS NO SALÓN GRAND PAVOIS DE LA ROCHELLE

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

O porto náutico de Boiro incrementou o 10% o número de escalas nos últimos catro anos

Rochelle Arousa NorteBoiro, 28 de outubro de 2018.-  A Mancomunidade Arousa Norte está estes días a promocionar os seus cinco portos náuticos e o destino turístico no Salón Náutico Grand Pavois de La Rochelle, en Francia. Alí se desprazaron o vicepresidente da entidade e alcalde de Boiro, Juan José Dieste, e a xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo.

Durante a súa visita ao salón náutico, Juan José Dieste, que estivo acompañado polo presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán, mantivo un encontro co alcalde de La Rochelle, Jean François Foutaine, ao que felicitou por promover esta cita “que se converte durante uns días no referente das actualidade e novidades náuticas europeas”.

Precisamente, Arousa Norte conta con cinco portos náuticos ao longo da costa dos seus catro concellos. Neste sentido, Juan José Dieste destacou que “o Porto Náutico de Cabo de Cruz, en Boiro, está integrado na rede passport scale, o que fixo que nos últimos catro anos, se multiplicasen por 10 o número de escalas”. O rexedor boirense subliñou que prácticamente o 100% destes navegantes proceden da Bretaña francesa.

Pola súa banda, a xerente de Arousa Norte, salientou “a oportunidade que ofrece este tipo de citas turísticas ao seren o marco idóneo para promocionar tanto as nosas infraestruturas náuticas coma todos aqueles recursos turísticos do territorio que poden seren atractivos para estes visitantes que nos chegan por mar”. Maruxa Ledo destacou que nesta ocasión, Arousa Norte está a promocionar a ruta náutica, a traslatio e a senda litoral, que ofrece a  posibilidade de percorrer a fachada marítima dos catro concellos.