» » » » Arousa Norte promociona o seu atractivo natural, cultural e gastronómico no Congreso dos Deputados a mancomunidade protagonizará unhas xornadas gastronómicas no servicio de restauración da Cámara Baixa

Arousa Norte promociona o seu atractivo natural, cultural e gastronómico no Congreso dos Deputados a mancomunidade protagonizará unhas xornadas gastronómicas no servicio de restauración da Cámara Baixa

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

A Mancomunidade Arousa Norte desenvolverá a vindeira semana un acto de promoción da súa oferta turística natural, cultural e gastronómica no Congreso dos Deputados. O presidente de Arousa Norte e alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, acompañado polo vicepresidente e alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, o tesoureiro e alcalde de Boiro, Juan José Dieste, e o vogal e alcalde de Riveira, Manuel Ruíz Rivas, participarán neste acto de divulgación da proposta turística de Arousa Norte ante os 350 deputados e persoal da Cámara Baixa.
A acción vén a complementar a realizada na capital de España o pasado mes de xaneiro, no Furancho Galician Food -previa á inaguración de FITUR-, onde se deron cita touroperadores, axentes nacionais e internacionais de turismo e influencer en redes sociais.
O acto, que se desenvolverá na zona de restauración do Congreso do Deputados, incluirá un punto informativo no que se distribuirán folletos de contido turístico que porán en valor os recursos naturais e paisaxísticos, os culturais, patrimoniais –arqueolóxicos e arquitectónicos- e náuticos deportivos.
A oferta gastronómica terá unha especial presenza nesta acto da man do equipo de restauradores do Curral do Marqués que amosarán a riqueza e a calidade dos produtos do mar e da terra de Arousa Norte. Esta proposta complementarase cunhas xornadas gastronómicas Arousa Norte que se desenvolverán ese mesmo día no Restaurante do Congreso que incluirán na súa propostas de menús dous pratos elaborados cos produtos de Arousa Norte.

Dejar un comentario