» » » » AROUSA NORTE PROMOCIONA EN TUREXPO GALICIA 32 FESTAS DA COMARCA ENTRE AS QUE SE ATOPAN AS CATRO DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO

AROUSA NORTE PROMOCIONA EN TUREXPO GALICIA 32 FESTAS DA COMARCA ENTRE AS QUE SE ATOPAN AS CATRO DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

turexpo_7junio1

A Mancomunidade Arousa Norte participa desde este xoves, 7 de xuño, ata o vindeiro domingo, 10 de xuño, en Turexpo Galicia, no marco do cal se celebra Festur que recompila todas as festas de interese turístico de Galicia. Neste sentido, Arousa Norte presenta un folleto que inclúe 32 citas festivas da comarca ao tempo que salienta as catro de interese turístico galego dos catro concellos: a Festa da Dorna, en Riveira, Festas da Guadalupe en Rianxo, San Ramón de Bealo en Boiro, e as do Nazareno na Pobra do Caramiñal.

Ao longo destes catro días, a xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo, manterá encontros con touroperadores e axentes especializados en turismo activo, de natureza e cultural. Durante estas xuntanzas, Maruxa Ledo presentaralles as potencialidades de Arousa Norte para o disfrute de contornos naturais e paisaxísticos, a práctica deportiva ao aire libre e a visita a un patrimonio arqueolóxico e arquitectónico de gran valor.

Ademais, Arousa Norte presentará en Turexpo Galicia a Senda Litoral que percorre 100 quilómetros de costa dos catro concellos e que está a espertar o interese dos visitantes que queren coñecer novos roteiros para practicar o sendeirismo.

A Senda Litoral Arousa Norte complementa por terra a Traslatio marítimo-fluvial que rememora a chegada a Galicia dos restos do Apóstolo Santiago.

Concretamente, este xoves, a xerente de Arousa Norte reunirase con responsables de Circuítos Galicia, Weekendesk, EA Tour Specialist-Taylor Made Tour Experts, Funtasticlab, Always Spain Incoming, Irbisviajes, Smply B, Boots&Grapes Tour ou Galicia Holiday, entre outros.

A participación de Arousa Norte en Turexpo Galicia 2018 inclúe tamén unha degustación da gastronomía da zona con produtos característicos do mar e da terra dos catro concellos. O presidente de Arousa Norte e alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, participará neste acto que terá lugar o venres, 8 de xuño, a partir das 13.00 h.