» » » » Arousa Norte promociona as festas de interese turístico galego da comarca en FESTUR 2017

Arousa Norte promociona as festas de interese turístico galego da comarca en FESTUR 2017

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

A Mancomunidade Arousa Norte está a promocionar a súas festas de interese turístico en Festur 2017, unha feira na que se dan cita trinta e seis festas de interese turístico das catro provincias galegas. Arousa Norte dispón dun stand propio no que se promocionan a Festa do Nazareno da Pobra do Caramiñal, a Romaría de San Ramón de Bealo de Boiro, a Festa da Guadalupe de Rianxo, e a Festa da Dorna de Riveira, todas elas recoñecidas como Festa de Interese galego.

Festur Arousa Norte

A xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo, iniciou este xoves, primeira xornada de Festur, unha serie de encontros con turoperadores nacionais e internacionais entre os que de se atopan Pangea, Segitour, Escapada Rural, Viajes Urbis, Comptoir des Voyages e Amber Road Tours. Segundo Maruxa Ledo,  “Arousa Norte causou unha excelente impresión, sobre todo pola combinación de distintos elementos turísticos que poden interesar a un turismo de familia ou de grupos”.

Nestes encontros, Maruxa Ledo salientou as potencialidades de Arousa Norte nos ámbitos da natureza, da práctica deportiva ao aire libre, no patrimonial arqueolóxico e arquitectónico, así como gastronómico da zona integrada pola Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira.

No marco desta feira, Arousa Norte ten previsto ofrecer este venres unha degustación gastronómica de produtos da zona, entre os que non faltarán as conservas e o mexillón extraído da rica Ría de Arousa.

Festur Arousa Norte

Arousa Norte ofrece ademais desde este xoves ata o vindeiro domingo información puntual sobre os atractivos da zona así como folletos informativos sobre os distintos puntos de interese turístico como son os numerosos restos de mámoas e castros da zona ou o atractivo Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Ademais, informará sobre outras citas festivas que se celebran nos catro concellos durante o período estival.

Dejar un comentario