» » » » AROUSA NORTE PROMOCIÓNA A SÚA PROPOSTA CULTURAL E PAISAXÍSTICA ENTRE O PÚBLICO ASISTENTE AO PARTIDO OBRADOIRO-KIROLBET BASCONIA

AROUSA NORTE PROMOCIÓNA A SÚA PROPOSTA CULTURAL E PAISAXÍSTICA ENTRE O PÚBLICO ASISTENTE AO PARTIDO OBRADOIRO-KIROLBET BASCONIA

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Somos Obra Arousa NorteA Mancomunidade Arousa Norte está a promocionar a súa proposta cultural e paisaxística entre os 5.000 asistentes ao partido de baloncesto que se xoga esta tarde, en Santiago de Compostela, entre o Monbús Obradoiro e o Kirolbet Basconia. A acción divulgativa que se inclúe na revista SomosObra, enmárcase no plan da entidade para promover este destino turístico entre o turista nacional. O presidente de Arousa Norte e alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, asistiu ao partido que se disputa contra o actual subcampión de liga e anfitrión da Final Four da Euroliga esta tempada.

Coa proposta Arousa Norte, Paraíso atopado, a Mancomunidade trasladou aos asistentes ao partido unha oferta turistica de indole cultural e paisaxística. Ademais, Arousa Norte participa desde o pasado xoves, 22 de novembro, ata este domingo, na Feira Internacional de Turismo de Interior (INTUR), que se celebra en Valladolid e que pretende achegar novas propostas ao turista nacional.

Ademais, Arousa Norte está a acoller estes días o certame +Que Tapas, co que pretende poñer en valor a proposta gastronómica entre os visitantes da comarca durante as fins de semana. Un total de dezasete establecementos están a participar nesta iniciativa que continuará ata o domingo, 9 de decembro.