» » » » AROUSA NORTE PROMOCIONA A GASTRONOMÍA EN XANTAR 2020

AROUSA NORTE PROMOCIONA A GASTRONOMÍA EN XANTAR 2020

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, participa un ano máis na feira gastronómica Xantar, en Expourense.

A gastronomía da comarca é unha das motivacións polas que o visitante elixe un destino. Por iso, dende a Mancomunidade, promocionar o produto local entre o turismo interno e de proximidade reforza un dos principais obxectivos: promocionar o destino a través dos produtos estrela da comarca.

Para iso, Arousa Norte contempla o seguinte programa:

  • Degustación de produtos gastronómicos da ría de Arousa e pratos tradicionais de Arousa Norte: do 5 ao 9 de febreiro de 2020 ás 13.00 h no stand de Arousa Norte
  • O Bateeiro en Arousa Norte: mércores 5 de febreiro
  • O Dorneiro en Arousa Norte: xoves 6 de febreiro
  • Valle Inclán en Arousa Norte: venres 7 e sábado 8 de febreiro
  • Castelao en Arousa Norte: e domingo 09 de febreiro
  • Showcooking de Arousa Norte con demostración en directo do menú peregrino: sábado 8 de febreiro de 19.15 a 20.15 h coa amenización de Eva Iglesias no papel de “Xubilada” (pendente de confirmación)