» » » » Arousa Norte presenta na Feira Náutica Grand Pavois de la Rochelle un folleto específico para o turísmo náutico

Arousa Norte presenta na Feira Náutica Grand Pavois de la Rochelle un folleto específico para o turísmo náutico

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Arousa NorteA 45 edición da Feira Náutica Grand Pavois de La Rochelle foi o escenario elixido por Arousa Norte para presentar o seu folleto específico dirixido cara o turismo náutico que leva por título Arousa Norte:365 días navegables. O tesoureiro e alcalde de Boiro, Juan José Dieste, que se atopa neste foro turístico da costa atlántica francesa, salientou que “con este novo material informativo proporcionamos ao navegante que se achega pola nosa costa unha información integral e homoxénea sobre os servizos e prestacións do cinco portos náuticos que se ubican nos concellos de Arousa Norte”.

Pola súa banda, Maruxa Ledo lembrou que “tiñamos detectado un interese crecente entre os navegantes que se achegaban polos nosos cinco portos náuticos que demandaban información sobre as infraestruturas portuarias de Arousa Norte e tamén sobre os lugares máis interesantes do contorno para visitar”.

Neste sentido, o folleto, editado en inglés e francés, destaca o pasado histórico dos concellos de Arousa Norte vinculado co mar con tradicionais embarcacións, construcións típicas mariñeiras e historias locais de naufraxios, coma o do Santa Isabel ocorrido fronte á illa de Sálvora, a comezos do século XX.

A todo isto, hai que engadir o interese que esperta a única ruta marítimo fluvial de toda Europa, a que remomora a traslatio dos restos do Apóstolo e a súa chegada a Galicia a través do antigo porto de Padrón. O folleto tamén informa sobre a capacidade produtiva da Ría de Arousa a través, fundamentalmente do cultivo do mexillón nas habituais bateas que forman xa parte da xeografía desta ría.

O folleto compleméntase cun flyer onde se relacionan os prezos coas tarifas de tránsito dos cinco portos: Cabo de Cruz e Escarabote, en Boiro; o de A Pobra do Caramiñal, o de Rianxo e o de Riveira.

A Grand Pavois de La Rochelle está considerada como a feira náutica máis importante da fachada atlántica europea. Ao longo dun 3 km, un total de 750 embarcacións amósanse aos 85.000 visitantes que se prevén que a visiten desde o 27 de setembro ao 2 de outubro.

Dejar un comentario