» » » » AROUSA NORTE PON EN MARCHA DISTINTAS MESAS COLABORATIVAS COS CONCELLOS DE BOIRO, RIANXO, RIBEIRA, A POBRA E DODRO

AROUSA NORTE PON EN MARCHA DISTINTAS MESAS COLABORATIVAS COS CONCELLOS DE BOIRO, RIANXO, RIBEIRA, A POBRA E DODRO

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Esta mañá Arosa Norte iniciou as mesas colaborativas con representantes de turismo e deportes dos Concellos implicados na estratexia de traballo deste 2020. As representantes da mesa que asistiron por parte dos departamentos de turismo foron: Natalia Galbán Rubio, técnica de turismo do Concello de Rianxo. Amalia López Louro, técnica de turismo do Concello de Boiro. Sandra Fernández, técnica de turismo do concello de Ribeira. Ángeles Tubio, técnica do Concello da Pobra do Caramiñal e Elísabet Domínguez, axente de emprego do concello de Dodro.

A segunda mesa desta mañá foi coas representantes dos departamentos de deportes: Moncho Villanustre, técnico de deportes do concello de Rianxo. Miguel Ruíz Rivas, técnico de deportes do concello de Riberia. Ana Romero Suárez, técnica de deportes do concello da Pobra do Caramiñal. Manu González, técnico de deportes do Concello de Boiro. Javier San Pedro, técnico de deportes de Ribeira e Abel Tarrío, concelleiro de deportes de Dodro.

Este primeiro encontro contou tamén coa presenza de Mariola Sampedro, tenente Alcaldesa do Concello de Ribeira, e Adolfo Muíños, Vicepresidente da Mancomunidade Arousa Norte, quen destacou a importancia de traballar de xeito mancomunado tanto desde a perspectiva turística, deportiva e cultural. Este traballo colaborativo que hoxe se inicia desde Arousa Norte permitirá aos catro concellos alcanzar obxectivos máis amplos.

Esta é a primeira mesa colaborativa que se leva a cabo co obxectivo de establecer de xeito coordinado e cohesionado unha estratexia conxunta entre as distintas áreas de traballo e a Mancomunidade Arousa Norte, que ademais implicará ás concellerías de cada departamento e alcaldías.

Como novidade, dentro desta planificación estratéxica destacar, a incorporación do Concello de Dodro para traballar coordinamente nas accións de promoción do Xeodestino.