» » » » AROUSA NORTE PON EN MARCHA A IV EDICIÓN DO CONCURSO +QUE TAPAS QUE COMBINA GASTRONOMÍA E MÚSICA LOCAIS

AROUSA NORTE PON EN MARCHA A IV EDICIÓN DO CONCURSO +QUE TAPAS QUE COMBINA GASTRONOMÍA E MÚSICA LOCAIS

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

presentacion_+qtapas

O vindeiro xoves, 22 de novembro, votará a andar a cuarta edición do concurso Arousa Norte +Que Tapas. Así o explicou esta mañá en rolda de prensa o presidente da Mancomunidade Arousa Norte e alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Luis Piñeiro, quen destacou que tras dúas edicións de éxito, “esta é a de consolidación dunha cita que xa é fixa na axenda de eventos de Arousa Norte”.

Xosé Lois Piñeiro explicou que está aberto o prazo para que os establecementos de restauración dos catro concellos se inscriban neste concurso que este año trae algunhas novidades. Así, o prezo da tapa será de 2,50 euros e serán os consumidores os que, co seu xuízo e valoración, outorguen os premios a través dunha papeleta que lles facilitará o establecemento.

Pola súa banda, Sara Outeiral, xerente da empresa Rede, organizadora deste concurso, salientou que “as tapas deberán estar elaboradas con produtos da comarca e os participantes valorarán especialmente a presenza destes produtos, a presentación, a orixinalidade e a calidade da tapa que opte aos premios”.

Os premios estarán dotados con 500, 300 e 200 euros, respectivamente, e os consumidores entrarán nun sorteo de dúas ceas a escoller nun establecemento de toda a comarca do Barbanza. Os establecementos teñen ata o martes, 20 de novembro, para inscribirse.

Este ano a música tamén acompañará neste certame, xa que haberá pasa rúas de música tradicional que percorrerán os establecementos que participen no concurso e que contribuirán a amenizar a xornada. Ademais, cada concello acollerá unha actuación dos grupos Loren Tevra, Trío de Ases, Blow e The Wondermind.

O concurso Arousa Norte +Que Tapas desenvolverase os días 22, 23, 24, 25, 29 e 30 de novembro e 1, 2, 5, 6, 7, 8 e 9 de decembro.