» » » » Arousa Norte pecha a súa participación en Xantar 2017 cunha selección da industria conserveira da zona

Arousa Norte pecha a súa participación en Xantar 2017 cunha selección da industria conserveira da zona

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

xantar_riveira

Ourense, 5 de febreiro de 2017.- O Concello de Riveira foi o encargado da degustación que ofreceu Arousa Norte na derradeira xornada de Xantar 2017. A proposta chegada desde este concello coruñés consistiu nunha selección da variada oferta conserveira da zona, entre a que non faltaron nin  mexillóns e xoubas, entre outros produtos conserveiros. O alcalde de Riveira, Manuel Ruíz Rivas salientou a “estupenda acollida das nosas propostas gastronómicas que ocuparon un posto de por si neste Xantar 2017, converténdose nun dos seus principais atractivos e causando sorpresa e admiración ante a calidade e sabor dos nosos produtos”.

Xantar 2017 pecha este domingo as súas portas despois de catro xornadas nas que a afluencia de público foi constante. A xerente da entidade valorou especialmente “o interese espertado pola nosa zona entre o público que se achegaba, non só a degustar a nosa marabillosa gastronomía, senón a preguntar pola nosa situación, ademais dos atractivos turísticos dos nosos concellos”.

Arousa Norte participou en Xantar 2017 con catro propostas gastronómicas en torno aos productos do mar e da terra de Arousa Norte que presentaron a modo de degustación os catro concellos que a conforman: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira. Ademais, a entidade organizou o showcooking Gastronomía para os sentidos, conducido polo cociñeiro natural de Riveira, Iñaki Bretal.

Dejar un comentario