» » » » Arousa Norte ofrece este verán un abano de actividades para os visitantes centradas nos atractivos de ocio e deporte

Arousa Norte ofrece este verán un abano de actividades para os visitantes centradas nos atractivos de ocio e deporte

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

O Pleno da Mancomunidade Arousa Norte aprobou esta mañá a celebración da segunda edición dos Vermús Musicais que se desenvolverán no mes de agosto en distintos establecementos hostaleiros de Arousa Norte. Ademais, o órgano presidido polo alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, aprobou o calendario das carreiras populares que integran o circuíto Catro Carreiras e unha meta que percorrerá os catro concellos e Arousa Norte. A primeira das probas terá lugar o 27 de agosto na Pobra do Caramiñal.

Arousa NorteDurante a xuntanza, na que estiveron presentes o vicepresidente e alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro; o primeiro tenente de alcalde de Boiro, Fernando García, en representación do Concello de Boiro, e o vogal e alcalde de Riveira, Manuel Ruíz Rivas, o presidente de Arousa Norte, fixo un percorrido pola actividade da entidade durante os dous últimos meses, entre a que se atopa o acto celebrado no Congreso dos Deputados. Neste sentido, adiantou que nos próximos días se difundirá un vídeo resume da actividade que inclúe valoracións dos deputados participantes no evento.

Ademais, destacou que desde a entidade se está a ultimar novo material divulgativo da comarca que se presentará proximamente e que inclúe unha ruta a motor para visitar os principais enclaves aos que se pode achegar en moto ou vehículo e outra para os visitantes que deciden coñecer Arousa  Norte en veleiro ou embarcación. Como complemento a este material, Arousa Norte tamén está a traballar uns folletos que incluirán a oferta hostaleira dos catro concellos, así como as empresas dedicadas ao ocio e turismo.

 O presidente da Mancomunidade valorou moi positivamente a viaxe de familiarización realizada por touroperadores de turismo accesible no pasado mes de xuño e adiantou que “se está a traballar para que moitos dos treitos do sendeiro polo litoral de Arousa Norte que se está deseñando sexan accesibles para todas as persoas que nos queiras visitar”.

Ademais, como consecuencia do interese amosado por este destino por parte de  touroperadores e axentes especializados no sector turístico nas distintas feiras nas que participou Arousa Norte, a entidade está a organizar un Fam Trip dirixido a estes profesionais nos que se incluirá unha axenda de visitas aos lugares máis singulares deste destino. Esta acción desenvolverase previsiblemente, no outono.

Dejar un comentario