» » » » AROUSA NORTE E A ASOCIACIÓN ALBERTO ROMERO ORGANIZAN A TERCEIRA EDICIÓN DO CERTAME DE CURTAS ALBERTO ROMERO

AROUSA NORTE E A ASOCIACIÓN ALBERTO ROMERO ORGANIZAN A TERCEIRA EDICIÓN DO CERTAME DE CURTAS ALBERTO ROMERO

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

convenio_AlbertoRomero

O presidente da Mancomunidade Arousa Norte e alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Luis Piñeiro, e o presidente da Asociación Alberto Romero, Santiago García Pérez, asinaron un convenio para a organización e desenvolvemento do III Certame de Curtas Alberto Romero. Segundo explicou o presidente de Arousa Norte, o concurso está dirixido a “nenas/os dende 5º de primaria ata rapazas/ces de Bacharelato, ademais de contar cunha categoría para usuarias/os de Centros de Diversidade Funcional e outra categoría libre aberta a todos aqueles que queiran participar dun xeito máis profesional”.

Na rolda de prensa tamén participaron o vicepresidente e alcalde de Boiro, Juan José Dieste; os vogales e alcaldes de Riveira e Rianxo, Manuel Ruíz Rivas e Adolfo Muíños; a xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo, ademais de María José Carreira, vicepresidenta da Asociación Alberto Romero; Estefanía Pérez Boo, vicesecretaria da Asociación Alberto Romero; e representantes das ANPAS dos centros educativos de Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira.

Segundo as bases do III Certame Audiovisual de Curtas, este  premiará as curtas realizadas durante este 2018 en catro categorías:

1ª Categoría de quinto e sexto de PRIMARIA e primeiro e segundo da ESO.

2ª Categoría de terceiro e cuarto da ESO e primeiro e segundo de BACHARELATO

3ª Categoría de Diversidade Funcional.

4ª Categoría Libre.

Cada categoría está dotada cun premio de 300€ e os galardóns serán entregados nunha gala que incluirá actuacións musicais e artísticas. Para a colaboración na realización deste proxecto II Certame Audiovisual Alberto Romero, a Mancomunidade Arousa Norte comprométese ao pagamento de 1.200€.

Pleno de Arousa Norte

Previamente, o presidente de Arousa Norte presidiu o Pleno da entidade no que se valoraron positivamente as últimas accións promovidas desde a Mancomunidade entre as que se atopan o programa Residentes 2018 para artistas plásticos, e  a participación de Arousa Norte no Salón Náutico Grand Pavois de La Rochelle.

Neste sentido, a xerente de Arousa Norte anunciou que a entidade estará presente cun stand propio que estreará na Feira de Turismo Interior INTUR de Valladolid do 22 ao 25 de novembro. Ademais, Arousa Norte tamén estará presente no Salón Náutico de París entre o  2 e o 10 de decembro.