» » » » Arousa Norte difunde os principais atractivos turísticos entre os visitantes que chegan por mar e por estrada

Arousa Norte difunde os principais atractivos turísticos entre os visitantes que chegan por mar e por estrada

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

O presidente da Mancomunidade Arousa Norte e alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, vén de presentar esta mañá os folletos informativos Territorio Arousa Norte: Roteiro Náutico e Territorio Arousa Norte: Roteiro a Motor, dous novos materiais editados en galego, castelán e inglés, “cos que se tenta poñer en valor os recursos paisaxísticos e patrimoniais máis accesibles para aqueles visitantes que se chegan a Arousa Norte polo mar ou por estrada, en vehículo ou en moto”.

presentacion_folletos_roteiros

Adolfo Muíños estivo acompañado polo vicepresidente e alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, e pola xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo. Durante a súa intervención, o presidente da Mancomunidade salientou que “este material vén a engadirse ao editado pola Mancomunidade que busca satisfacer as necesidades dun sector  turístico tan concreto como pode ser o náutico ou o motorizado”.

Pola súa banda, Maruxa Ledo destacou que os folletos Territorio Arousa Norte: Roteiro a Motor e Territorio Arousa Norte: Roteiro Náutico “vannos a ser de utilidade nas feiras internacionais de carácter  turístico nas que participemos este ano, onde temos constatado o interese que espertan as rutas náuticas e a oferta para públicos específicos como poden ser os  turistas que se desprazan en moto”.

Os novos folletos informativos editados por Arousa Norte estarán a disposición dos visitantes destes catro concellos nas súas oficinas de turismo, ademais de distribuírse nas principais cidades galegas.

Territorio Arousa Norte: Roteiro Náutico amosa unha selección de 15 localizacións que poden ser interese para os turistas que atracan nalgún dos portos deportivos da xeografía de Arousa Norte e van desde as Trece Cruces, en Rianxo, ata a illa de Sálvora, ou incluso os fondos submarinos onde se atopa, por exemplo, o cargueiro Aries, afundido preto da illa de Rúa.

Territorio Arousa Norte: Roteiro a Motor inclúe ademais dunha selección 18 puntos de interese turístico pola súa beleza paisaxística ou o seu valor patrimonial ou cultural, un mapa de estradas e desvíos polos que dirixirse aos lugares indicados.

 

Dejar un comentario