» » » » AROUSA NORTE DIFUNDE OS ATRACTIVOS PAISAXÍSTICOS E CULTURAIS DA ZONA ENTRE AS ARTISTAS PARTICIPANTES NO PROGRAMA RESIDENCIAS 2018

AROUSA NORTE DIFUNDE OS ATRACTIVOS PAISAXÍSTICOS E CULTURAIS DA ZONA ENTRE AS ARTISTAS PARTICIPANTES NO PROGRAMA RESIDENCIAS 2018

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Foto ResidenciasA Mancomunidade Arousa Norte está a participar no programa Residencias 2018 que promove a Galería de Arte La Doce de Boiro, mediante o que se lle facilita a estadía en Arousa Norte a tres artistas en cada quenda co obxectivo de apoiar a creación emerxente. Na actual, están a participar as artistas Amaya González Reyes, de Sanxenxo, Jennifer Custodio, de Vitoria, e Nikante Martique, de Trapagaran (Bilbao).

As tres puideron coñecer este martes os atractivos paisaxísticos e culturais de Arousa Norte a través dunha ruta turística que discorreu polo Mirador da Pedra da Ra, o Faro de Corrubedo, o Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Vixán e Carregal, o Mirador da Curotiña e o Castro de Neixón.

A estadía das tres artistas comezou o pasado 2 de outubro e continuará ata o 30 deste mes. Amaya González Reyes é unha escultora que traballa especialmente a arte conceptual e a súa aplicabilidade aos espazos e instalacións.

Pola súa banda, Jennifer Custodio é unha fotógrafa que domina a técnica polaroid que traballa tamén a plasmación en espazos e instalacións de gran tamaño. Nekane Manrique é unha pintora vasca que se desprazou a Galicia para realizar unha investigación en profundidade sobre a danza galega e a súa indumentaria típica.

Residencia 2018 é un programa promovido pola Galería de Arte La Doce e na súa primeira quenda participaron xa tres artistas: Anna Katarian Martín, Judit Porto e Laura López Balza. Precisamente, as obras producidas durante os días que pasaron en terras de Arousa Norte pódese visitar nas propias instalacións da galería, en Boiro, e proximamente no Centro Social deste concello.