» » » » Arousa Norte crea os premios ao deporte cos que recoñece a traxectoria e proxección de deportistas locais

Arousa Norte crea os premios ao deporte cos que recoñece a traxectoria e proxección de deportistas locais

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

O presidente de Arousa Norte, Adolfo Muiños, presentou esta mañá en rolda de prensa os Premios ao Deporte Arousa Norte co que a entidade continúa no seu obxectivo de consolidar Arousa Norte “como un destino singular e de calidade dentro da variada oferta turística de Galicia”. Neste sentido, Adolfo Muíños, destacou que Arousa Norte está a crear unha axenda de eventos propia na que se enmarca estes Premios ao Deporte, cos que quere “distinguir a práctica deportiva, así como o esforzo e o compromiso de todos os deportistas que levan as súas orixes arousás polas múltiples competicións nas que participan”. O presidente de Arousa Norte estivo acompañado pola xerente da entidade, Maruxa Ledo, e o concelleiro de Cultura do Concello de Riveira, Antonio Freire.

Arousa Norte

Así, segundo explicou o presidente da Mancomunidade, os concelleiros e técnicos dos distintos departamentos de Deportes dos catro concellos crearon un total de oito categorías e un xurado, constituído polos concelleiros, acordou conceder os seguintes premios:

  • MELLOR DEPORTISTA INDIVIDUAL FEMININO: María Vilas
  • MELLOR DEPORTISTA MASCULINO: Adrián Mosquera Rial
  • MELLOR EQUIPO MASCULINO: Club Deportivo Boiro
  • MELLOR EQUIPO FEMININO: Club de Remo Cabo de Cruz de Boiro
  • MELLOR CLUB: Natural SportVidelgi
  • MELLOR ADESTRADOR: Lardo Moure
  • RECOÑECEMENTO EMPRESA PATROCINADORA: Jealsa Rianxeira
  • MÉRITO DEPORTIVO:
    • Pepe Moure
    • Ricardo Riveiro Núñez
    • Juan Carlos Brión Lema
    • Xosé Manuel Novoa Collazo

Adolfo Muíños anunciou que estes galardóns se entregarán no decurso dun acto que terá lugar o vindeiro xoves, 6 de abril, na Casa da Cultura Ramón Martínez López, en Boiro. Ademais, tamén se entregarán os premios do Circuíto Catro Carreiras e unha meta, dos que deu conta a xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo.

Catro carreiras e unha meta

Maruxa Ledo destacou que os premiados foron os primeiros clasificados nas carreiras que se desenvolveron o pasado ano polos catro concellos de Arousa Norte, quedando esta clasificación do seguinte xeito:

1º CORREDOR MASCULINO      Akka Essaadaoui

2º CORREDOR MASCULINO       Juan Antonio Gude Vila

3º CORREDOR MASCULINO      Jose lojo Riveira

 

1ª CORREDORA FEMININA       Rocio Alvite Ferreiro

2ª CORREDORA FEMININA       Lara Buig Fernández

3ª CORREDORA FEMININA       Natalia Lorenzo Perez

CLUB CON MÁIS INSCRITOS     Sd Barbantia Roda

COLEXIO CON MÁIS INSCRITOS Colexio Galaxia

A xerente de Arousa Norte felicitou á organización destas carreiras populares a animou a volver a repetir este ano 2017 o éxito alcanzado na pasada edición.

 

Dejar un comentario