» » » » Arousa Norte convoca o concurso +Que Tapas 2017

Arousa Norte convoca o concurso +Que Tapas 2017

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

A Mancomunidade Arousa Norte vén de convocar un ano máis o concurso +Q Tapas que se desenvolverá entre os establecementos de restauración dos catro concellos desta zona, Boiro, Pobra do Caramiñal, Rianxo e Riveira. O concurso terá lugar os días, 17, 18, 19, 24, 25 e 26 de novembro e o 1, 2, 3, 8, 9 e 10 de decembro. Arousa Norte confía en conseguir o éxito alcanzado en edicións anteriores nas que este evento gastronómico conseguiu atraer visitantes ao Barbanza.

Os establecementos interesados teñen ata o vindeiro venres, 3  de novembro, para dirixirse á Mancomunidade, concretamente, ao mail correo@arousa-norte.es para inscribirse e poder participar nesta iniciativa.

A gastronomía é un dos principais atractivos de Arousa Norte que conta na súa zona con produtos de gran calidade e de presenza na cociña internacional como son os mexillóns. A isto hai que engadir a excelencia dos produtos cultivados e recollidos nas hortas dos catro concellos.

Ademais de disfrutar dunhas tapas elaboradas con produtos de Arousa Norte, os visitantes que se acheguen nesas datas por esta zona poderán ademais gozar dun patrimonio arquitectónico e arqueolóxico de gran valor, ademais de paisaxes inmellorables, ao tempo que poden practicar deportes ao aire libre en contornos naturais.

Dejar un comentario