» » » » Arousa Norte constata o interese que esperta como destino turístico nacional na Feira Intur

Arousa Norte constata o interese que esperta como destino turístico nacional na Feira Intur

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Arousa NorteArousa Norte está a espertar un enorme interese entre os visitantes de orixe nacional que buscan un destino para pasar uns días de descanso e coñecer novas propostas. Así se puxo de manifesto estes días durante a celebración  do 23 ao 26 de novembro, da Feira Intur de Valladolid que recibiu máis de 45.000 visitantes, dos que 16.000 eran profesionais do sector turístico nacional.

Arousa Norte promocionou as propostas de natureza, culturais, patrimoniais, arquitectónicos e gastronómicos de Arousa Norte como principais atractivos desta comarca, aos que se engade o gastronómico con produtos naturais de calidade excelente e un saber facer que coloca á súa restauración nun lugar destacable.

A isto hai que sumar toda unha axenda propia de eventos de carácter deportivo, coma o circuíto de carreiras populares Catro Carreiras e unha meta; cultural, coma o certame cinematográfico Ollomol ou o de curtas Alberto Romero; e gastronómico, coma o concurso +Q Tapas que precisamente, se está a desenvolver estas fins de semana nos catro concellos de Arousa Norte.

A participación da Mancomunidade na Feira Intur 2017 estivo apoiada nos distintos folletos informativos editados recentemente por esta entidade. Así, ademais, de Arousa Norte: Paraíso Atopado, difundíronse os roteiros náutico e a motor, así coma Onde durmir? E o de Establecementos hostaleiros e empresas de servizos co fin de que o visitante teña a maior información posible da comarca cando se decida por un novo destino.

 

 

Dejar un comentario