» » » » Arousa Norte centrou a súa programación en Xantar co Showcooking de Iñaki Bretal e a gastronomía do Concello de Boiro

Arousa Norte centrou a súa programación en Xantar co Showcooking de Iñaki Bretal e a gastronomía do Concello de Boiro

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

O showcooking Gastronomía para os sentidos de Iñaki Bretal, xunto coa gastronomía do Concello de Boiro centraron a programación de Arousa Norte durante a terceira xornada en Xantar 2017. A proposta do cociñeiro nado en Riveira constou dun guiso de chocos sobre arroz frito e xenxibre; mexillóns en espuma de escabeche, allada e chirimía e ceviche temprado de linguado.Pola súa banda, o concello de Boiro amosou a rica gastronomía da zona con empanadas de mexillóns y berberechos.

Arousa Norte XantarAo showcooking dirixido por Iñaki Bretal asistiron un nutrido grupo de influencers galegos xunto con representantes de axencias de turismo gastronómico que se interesaron pola oferta de Arousa Norte.

Neste sentido, o stand da entidade na feira está a ter unha importante afluencia de público que se achega buscando información dos catro concellos de Arousa Norte: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira.

A xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo, valorou a “excelente acollida que está a ter a oferta turística vinculada coa alta calidade so produtos do mar e a terra de Arousa Norte”. Referíndose a proposta de Iñaki Bretal, Maruxa Ledo destacou que “trouxo directamente da lonxa de Riveira os produtos que hoxe presentou aquí e que conseguiu a pesar do temporal que está atravesando Galicia”.

Dejar un comentario