» » » » AROUSA NORTE ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN CULTURAL ALBERTO ROMERO

AROUSA NORTE ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN CULTURAL ALBERTO ROMERO

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Esta mañá o presidente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, Manolo Ruiz, e o representante da Asociación Cultural Alberto Romero, Santiago García, asinaron un convenio de colaboración co fin de colaborar, impulsar, difundir e promocionar as actividades creadas pola Asociación Cultural Alberto Romero.

A Asociación Cultural Alberto Romero ten como fin principal a promoción da cultura audiovisual a través do seu Certame de Curtas Alberto Romero, que leva celebrándose desde fai tres anos no eido dos Concellos pertencentes a Arousa Norte e que conta con moi boa acollida entre o público en xeral.

Desde Arousa Norte comprométese con este convenio a colaborar na realización do proxecto de curtas IV Certame Audiovisual Alberto Romero, no que participan nenas/os desde primaria ata rapazas de Bacharelato, ademais de contar cunha categoría para usuarias dos Centros de Diversidade Funcional e outra categoría libre aberta a todos aqueles que queiran participar.

Con este acordo, a entidade supramunicipal continua co seu plan de traballo para este 2020 no que é importante contar con profesionais, entidades e asociacións culturais que traballan xa no territorio, apostando así por unha implicación de proxectos culturais cos que consolidar unha proposta de turismo creativo.