» » » » Arousa Norte aproba a súa axenda estratéxica para 2017 que intensifica a súa labor de promoción

Arousa Norte aproba a súa axenda estratéxica para 2017 que intensifica a súa labor de promoción

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

O Pleno da Mancomunidade Arousa Norte aprobou esta mañá unha planificación de actuacións da entidade para este 2017 que intensificará o pulo iniciado o pasado ano en promoción e visibilización de Arousa Norte como destino turístico no mercado doméstico e internacional. Presidido polo alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, o órgano director da Mancomunidade  fixo un repaso polo peche orzamentario de 2016 e avaliou a actividade desenvolvida en 2016, á que se referiu como ”fundamental para afrontar este novo ano no que xa comezamos a espertar a curiosidade de profesionais e axentes do sector turístico”.

Arousa Norte

Neste sentido, a xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo, destacou que a acción desenvolvida en Madrid previa á participación de Arousa Norte en Fitur 2017 deu como resultado que se formalizasen  en Arousa Norte varias peticións de axentes turísticos que desexa visitar Arousa Norte co obxetivo de sumar este destino á súa oferta turísticas. Esta solicitudes están pedidas para que se leve a cabo antes do verán.

Precisamente, para o apoio destas accións de promoción e outras, Arousa Norte editará este ano varios folletos turísticos que incluirán os hoteis, aloxamentos e empresas de oferta complementarios, co fin de que o visitante teña a maior información posible desta zona. Ademais, estase a traballar na edición de dous mapas autoguiados de Arousa Norte, con posibilidade de que poidan estar adaptados a braille e tamén nouto folleto específico para turismo náutico en varios idiomas.

Arousa Norte tamén estará presente na Feira de Turismo de Berlín que se desenvolverá desde este mércores, 8 de marzo ata o domingo, 12 de marzo. A entidade participará no stand de Turespaña con material específico de Arousa Norte editado en alemán, e están previstas reunións de traballo con  axentes especializados en turismo de natureza, trekking, aventura e turismo cultural. Entre os turoperadores que amosaron o seu interese por coñecer a potencialidade de Arousa Norte están Ad Up Technology, ReiseMission, Studiosus, Reisen, Cono Sur, FIT Reisen, Travel & Personality, Schulz Aktiv Reisen, Geotura, Ravenala Touristik, AT Reisen, VinTour e Ruge Reisen.

Dejar un comentario