» » » » Arousa Norte amosa a gastronomía da zona cunha proposta de Rianxo de mexillóns ao vapor

Arousa Norte amosa a gastronomía da zona cunha proposta de Rianxo de mexillóns ao vapor

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

xantar_rianxo2

Ourense, 4 de febreiro de 2017.- O Concello de Rianxo foi o encargado de amosar a rica gastronomía de Arousa Norte durante a cuarta xornada de Xantar 2017. Cunha proposta gastronómica en torno ao mexillón, un dos produtos estrela da Ría de Arousa, o presidente de Arousa Norte e alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, valorou “a pegada que está a deixar Arousa Norte nesta feira, na que me consta que o noso stand está a ser un dos máis visitados”.

O presidente e a xerente da entidade, Maruxa Ledo, recibiron tamén a visita no espazo de Arousa Norte da vicepresidenta da Deputación Provincial de A Coruña, Goretti Sanmartín, que se interesou pola oferta turística dos concellos coruñeses que comparten a produtiva Ría de Arousa.

Despois de que os dous primeiros días, as proposta gastronómicas de Arousa Norte xirasen en torno a un produto típico galego como é a empanada feitas a base de xoubas, berberechos e mexillóns, esta terceira xornada, Rianxo quixo traer a Xantar uns mexillóns ao vapor que amosan de xeito sinxelo, a extaordinaria calidade e singular sabor deste produto da Ría de Arousa.

Como complemento, Arousa Norte propón os viños das adegas ubicadas nestes territorios, Entre os Ríos e Xirpín. Concretamente, a primeira delas está en A Pobra do Caramiñal e a segunda en Boiro.

xantar_rianxo

Dejar un comentario