» » » » A Triple Coroa Illas Atlánticas súmanse aos eventos deportivos de Arousa Norte para atraer visitantes

A Triple Coroa Illas Atlánticas súmanse aos eventos deportivos de Arousa Norte para atraer visitantes

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

A celebración da última proba entre a Illa de Sálvora e Vilagarcía de Arousa da Triple Coroa Illas Atlánticas que se celebra este sábado, 2 de setembro, vén a sumarse ao abano de eventos deportivos cos que Arousa Norte pretende atraer un maior número de visitantes en tempada alta pero tamén en tempadas baixas. A Triple Coroa, na que colabora a Mancomunidade, súmase así a outras competicións como poden ser o Circuíto Catro Carreiras e unha meta que supoñen un atractivo engadido á oferta turística de Arousa Norte.

O presidente da Mancomunidade e alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, ten sinalado en varias ocasións que “Arousa Norte está a facer un esforzo considerable non só por situarse entre un dos destinos de Galicia con máis personalidade, senón tamén por xerar unha axenda propia de eventos de carácter deportivo e cultural, na que se pode incluír a Triple Coroa Illas Atlánticas”.

Máis de 100 deportistas chegados de España, Portugal e Arxentina disputarán este sábado os 28 km que separan a Illa de Sálvora da Praia de Compostela en Vilagarcía de Arousa. Para a xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo, “iniciativas coma esta contribúen a visibilizar os atractivos patrimoniais, culturais, naturais e paisaxísticos desta comarca ao tempo que a sitúan como un dos contornos naturais máis privilexiados para a práctica de deportes ao aire libre”.

Dejar un comentario