» » » » A tapa «Praia do Areal» do restaurante da Pobra Nojiro foi galardoada co 1º Premio do concurso +Q TAPAS de Arousa

A tapa «Praia do Areal» do restaurante da Pobra Nojiro foi galardoada co 1º Premio do concurso +Q TAPAS de Arousa

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Premiado no concurso +Q Tapas

O segundo premio foi para O Curral do Marqués e o terceiro para O Furancho de Rianxo, os dous establecementos no concello de Rianxo.

O xurado popular premiou a tapa do establecemento A Recoveira de Riveira.

Boiro, 27 de decembro de 2016.- A tapa denominada Praia do Areal elaborada polo equipo gastronómico do Restaurante Nojira, da Pobra do Caramiñal, mereceu o primeiro premio outorgado por un xurado profesional do concurso Arousa Norte +Q Tapas. Así se fixo público esta mañá no decurso dunha rolda de prensa na que estiveron presentes, o presidente de Arousa Norte e alcalde de Riveira, Manuel S. Ruíz Rivas, o vicepresidente e alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños; a xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo,e as concelleiras da Pobra do Caramiñal, Genoveva Hermo e Rosario Varela. O primeiro premio está dotado con 500 euros e diploma.

Ademais, o segundo premio deste concurso gastronómico, dotado con 300 euros e diploma, foi para o establecemento O Curral do Marqués,  en Rianxo, que presentou a tapa Ceviche de zamburiñas do bou e aire de citronella con codium, mentres que o terceiro premio foi para a tapa Polbo Kimchi do Furancho de Rianxo.

Pola banda, o público participante tamén puido valorar as tapas dos 33 establecementos que se sumaron a iniciativa de Arousa Norte. Neste sentido, as súas valoracións outorgaron o premio do xurado popular que nesta ocasión foi para o establecemento A Recoveira de Riveira, pola tapa Falsa empanada de millo de zamburiña.

Arousa Norte Cultura

Precisamente, entre o público participante que emitiu as súas valoracións sorteouse este martes dous paquetes turísticos de Arousa Norte Cultura, valorados en 220 euros cada un. Os agraciados con estes bonos foron Andrés Martínez Laranga e Iván Castro Mariñas.

Durante a rolda de prensa, o presidente de Arousa Norte e alcalde de Riveira, Manuel S.Ruíz Rivas, agradeceu a ampla participación tanto dos establecementos hostaleiros dos catro concellos, coma do público participante e tamén do xurado profesional que prestou a súa experiencia para valorar a oferta de tapas que se presentaron a este certame.

Ademais, Manuel Ruíz Rivas salientou que “estamos seguros de que este tipo de accións son as que precisamos para situar Arousa Norte na axenda turística da nosa Comunidade”, ao tempo que engadiu que “deste xeito poñemos en valor a calidade dos nosos produtos locais e que fomentamos a exquisita e profesional oferta gastronómica que temos en Arousa Norte”.

Pola súa banda, Maruxa Ledo tamén agradeceu a participación nesta segunda edición e emprazou a todos os participantes “ao ano que vén nunha nova edición de Arousa Norte +Q Tapas”.

Dejar un comentario