» » » » A RUTA DE TAPAS DO BARBANZA SEGUE ESTA SEMANA NA POBRA DO CARAMIÑAL

A RUTA DE TAPAS DO BARBANZA SEGUE ESTA SEMANA NA POBRA DO CARAMIÑAL

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

A V edición da ruta de tapas “Arousa Norte + que tapas”, segue esta fin de semana nos locais participantes da Pobra do Caramiñal. A ruta de tapas comenzará na Pobra do Caramiñal o venres 22 ás 20.00 h ata ás 23.00 h. O público poderá degustar as tapas por un prezo de 2,50 euros nos seguintes locais: Tertulia, A Casa de Manuel, Atlántico, A Batea do Castelo, Tertulia no Laño, Blue Moon, 4,20 , Galeón, La Calle e Mi Manda Picone.

O sábado 23 e domingo 24 a ruta de tapas seguirá en horario de mañá (de 12.00 a 14.00 h) e en horario de tarde (de 20.00 a 23.00 h). Como actividade complementaria, o sábado 23 a partir das 20.00 h de tapeo con Quico Cadaval e o sumiller Juan Figueroa Treus polos locais participantes.

Como elemento a destacar, para a apertura da ruta de tapas na Pobra do Caramiñal, os 3 primeiros clientes en pedir unha tapa nun local participantes terán como premio unha entrada para o concerto de Arizona Baby o 29 / 11 na Pousada da Galiza Imaxinaria, en Boiro. Ademais, todos os participantes na ruta de tapas entran nun sorteo de 4 bonos gastronómicos e un concerto exclusivo que terá lugar antes de que finalice este ano 2019.

Este ano, a ruta de tapas conta con suxerencias dos establecementos participantes en edicións anteriores, xa que este ano se fai nun dos concellos do Barbanza cada fin de semana, en lugar dos catro concellos á vez. Os bodegueiros dos “Viños da Terra de Barbanza e Iria” , Antonio Saborido e Francisco Crussat, colaboran coa ruta propoñendo maridar as tapas. Os establecementos participantes terán os viños para todos aqueles que queiran saborear estes caldos de renome.