» » » » A proposta gastronómica protagoniza a segunda xornada de Arousa Norte na Grand Pavois de la Rochelle

A proposta gastronómica protagoniza a segunda xornada de Arousa Norte na Grand Pavois de la Rochelle

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Arousa NorteA segunda xornada da presencia de Arousa Norte na feira internacional de turismo Grand Pavois de La Rochelle estivo centrada na presentación da proposta gastronómica que os visitantes de Arousa Norte se poden atopar cando visitan os catro concellos que conforman esta Mancomunidade: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira. Neste sentido, os interesados en coñecer a oferta turística desta zona puideron degustar produtos locais como os mexillóns e xoubas acompañados por viños tamén autóctonos.

O tesoureiro de Arousa Norte e alcalde de Boiro, Juan José Dieste, destacou que  “a proposta gastronómica é un dos principais atractivos de Arousa Norte, non só polos produtos frescos que proporciona a nosa Ría tales como os mexillóns, as xoubas e outros peixes, senón tamén pola calidade dos que xera a importante industria conserveira instalada tamén na nosa xeografía”.

Pola súa banda, Maruxa Ledo, xerente de Arousa Norte, destacou que “o atractivo gastronómico é un aliciente moi importante para os turistas que buscan un novo destino que visitar e neste apartado, Arousa Norte ten moitas cousas que aportar, desde produtos do mar frescos e enlatados ata unha extraordinaria horta”.

Ademais da degustación gastronómica ofrecida por Arousa Norte na Grand Pavois, a xerente de Arousa Norte invitou aos visitantes do stand de Turgalicia a coñecer con máis detalle a proposta turística desta zona realizando unha visita virtual á mesma a través da experiencia Arousa Norte VR:#batea360. Os espectadores coincidiron en destacar a impresión de realidade ao contemplar moi de cerca unha batea produtora de mexillóns.

A feira de turismo náutico Grand Pavois de La Rochelle está considerada como a feira náutica máis importante da fachada atlántica europea. Ao longo dun 3 km, un total de 750 embarcacións amósanse aos 85.000 visitantes que se prevén que a visiten desde o 27 de setembro ao 2 de outubro.

Dejar un comentario