» » » » A FOTOGRAFÍA DA SENDA LITORAL REALIZADA POR MARTÍN GONZÁLEZ, GAÑADORA DO CONCURSO ONLINE PARA PROMOCIONAR O SENDEIRO

A FOTOGRAFÍA DA SENDA LITORAL REALIZADA POR MARTÍN GONZÁLEZ, GAÑADORA DO CONCURSO ONLINE PARA PROMOCIONAR O SENDEIRO

Publicado en: Actualidad, Nota de prensa | 0

Senda Litoral Arousa NorteA Mancomunidade Arousa Norte vén de facer público o resultado do concurso fotográfico convocado online para promocionar a Senda Litoral Arousa Norte e do que resultou gañadora a instantánea realizada por Martín González Rodríguez. A foto foi a máis votada entre o público do concurso ademais da elixida polos cinco membros do xurado constituído para este certame e que estivo integrado por un representante dos catro concellos de Arousa Norte e da Mancomunidade.

O concurso desenvolveuse desde o pasado comezou o 19 de marzo ata 1 de abril. Durante ese período, participaron un total de 71 instantáneas realizadas en distintas localizacións da Senda Litoral. Do total das fotografías presentadas, o público fixo unha primeira selección a través das súas votacións preseleccionando cinco fotografías que logo foron valoradas polo xurado.

O gañador resultou agraciado cun paquete turístico de Arousa Norte para dúas persoas cunha ruta turísticas a realizar neste destino.

O xurado, constituído ex profeso para este certame, valorou a calidade artística das instantáneas participantes e destacou a participación do público no mesmo, así como a diversidade de lugares retratados. Ademais, valorou expresamente a implicación do público en xeral que se implicou no certame realizando as votacións.