No Concello de Riveira por medio do Servizo de Normalización Lingüística procúrase a dinamización e mellora das competencias lingüísticas dos nosos mozos e mozas, e grazas á colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística promovida desde a Xunta de Galicia, ofértase esta interesante e atractiva actividade: TITEREHOP

Actividade: Titerehop. Programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política

Lingüística en colaboración co Concello de Riveira.

Data: Sábado, 14 de abril de 2012.

Horario: Dúas representacións.

De 11.00 a 13.00 h

De 17.00 a 19.30 h.

Lugar: Polideportivo do CEIP O Grupo, R/ Miguel Rodríguez Bautista, 22,

15960 Riveira.

Participan: Mozos e mozas de 13 a 17 anos.

Titerehop

É unha actividade gratuíta que se desenvolverá en Riveira co obxectivo de dinamizar o uso da lingua galega nos adolescentes de 13 a 17 anos. A actividade céntrase no uso da lingua galega en accións que resulten atractivas para os mozos e mozas, neste caso o hip-hop.

Descarga a folla de inscrición individual e envia adxunto ao correo normalización@riveira.com

Se vostedes queren facer reserva colectiva de prazas, non teñen máis que enviarme un correo a normalizacion@riveira.com indicando:

Número de prazas que reservan.

Horario que elixen (11.00 ou 17.00 h)

Nome, apelidos e teléfono de contacto da persoa (adulto/a) e centro ou asociación que fai a reserva.

[plus1 count="true" size="standard"]

FacebookTwitterLinkedInGoogle+Google GmailAOL Mail
www.arousa-norte.es/blog-arousanorte | A Pobra do Caramiñal | Boiro | Rianxo | Riveira | Suffusion WordPress theme by Sayontan Sinha