A Pobra do Caramiñal localízase na comarca do Barbanza, ao norte da Ría de Arousa. No seu casco histórico atópase a Torre de Bermúdez, sede do Museo Valle-Inclán, protagonista do noso roteiro.
En Boiro, a impoñente Serra do Barbanza divide a Ría de Arousa e a de Muros-Noia. Nun dos seus cumios, Chans de Iroite, discorre o noso roteiro das mámoas.
A vila de Rianxo atópase na Ría de Arousa, na costa occidental de Galicia. No noso roteiro coñeceremos cinco dos lugares máis destacados do seu núcleo histórico.
San Pedro de Palmeira é unha parroquia do concello de Riveira na costa norte da Ría de Arousa, que a converte en extraordinario miradoiro das illas e paisaxes que a rodean.
